"Un niño puede enseñar tres cosas a un adulto: a ponerse contento sin motivo, a estar siempre ocupado con algo y a saber exigir con todas sus fuerzas aquello que desea". Paulo Coelho.

lunes, 13 de diciembre de 2021

TRABALLO CUARENTENA

 Ola familias!! En primeiro lugar espero que tod@s esteades ben, que levedes estes días do mellor xeito posible e que pasen pronto.

Como moit@s de vós me preguntaron si lles podía enviar algo para facer na casa e así entreterse, cada día subireivos unha ficha sinxela para que fagan DE XEITO VOLUNTARIO. Recordade que o importante non é a ficha senón o traballo e os xogos arredor da mesma. Por iso, non vos preocupedes porque os conceptos que se traballan nestas fichas volverémolos a traballar en canto volvamos á aula.

Deixo no enlace unha ficha relacionada co proxecto dos dinosaurios, onde recordamos as pegadas dos mesmos (como eran as dos carnívoros, as dos herbívoros, as das persoas...) e ademais inclúe tamén unha ficha de conteo con pegadas de dinosaurios, que poden contar  e colorear ó rematar.

Un saúdo a tod@s e moito ánimo!!!

https://drive.google.com/drive/folders/1Ku9ylfP_Cjl8jvGLnNbjXeuJbKnk-JmG?usp=sharing

No hay comentarios:

Publicar un comentario