"Un niño puede enseñar tres cosas a un adulto: a ponerse contento sin motivo, a estar siempre ocupado con algo y a saber exigir con todas sus fuerzas aquello que desea". Paulo Coelho.

viernes, 2 de octubre de 2020

Traballo semana 28 de Setembro ó 2 de Outubro

 Boas familias!!! Esta semana seguimos co repaso do número tres e traballando a estación do Outono.

O Luns comezamos a traballar e recordar o trazo do número 3 (Ficha 3.1) e ademais conteilles o conto "A min non me comas!!", un conto moi divertido co que traballamos a emoción do medo e falamos de que cousas nos dan medo e como podemos superalo.

O Mércores presentamos de novo o número 3 e facemos exactamente o mesmo que co resto de números (xogar coa balanza, coa recta numérica que temos feita no chan da asemblea, contar cantos nos faltan para chegar a x número, como podemos descompoñer o 3, 3 e 0, 2 e 1...). Despois diso comezamos coa grafía facendo a ficha 3.2.

O Xoves, ademais de seguir xogando cos números, comezamos a usar as tesoiras. Recortamos tiras de papel marrón e laranxa e despois recortámolos en cadradiños, que despois pegamos no debuxo da castaña con pegamento (Ficha castaña).

O Venres, para rematar a semana, fixemos a ficha 3.3 e seguimos con xogos de conteo. Se queredes facer algún xogo online, a páxina http://www.penyagolosaeduca.com/ca/infantil-abn/ é moi útil, na clase empregámola maioritariamente o apartado de "Contar".

As fichas da semana podédelas atopar neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/1xPNjje5xo9yvqhk75yPc-yV9HVPHyGqK?usp=sharing

Un saúdo e boa fin de semana

No hay comentarios:

Publicar un comentario