"Un niño puede enseñar tres cosas a un adulto: a ponerse contento sin motivo, a estar siempre ocupado con algo y a saber exigir con todas sus fuerzas aquello que desea". Paulo Coelho.

jueves, 15 de octubre de 2020

Traballo semana 13-16 Outubro

Boas familias!! Se os ausentes esta semana queredes traballar na casa deixovos aquí o traballo que fixemos na aula. Se queredes facer unha pequena asemblea na casa, nesta páxina https://view.genial.ly/5eb537d5aef4220d1e16c6b1/interactive-content- hai unha moi completa que podedes aproveitar. Para comezar a semana traballamos co conto da "Oruga glotona", para traballar o conteo e os días da semana. Se non tedes o conto podedes velo aquí https://youtu.be/h6HRpwcl9gg. Despois traballamos coa ficha da oruga dos círculos podedes atopar no drive. Aproveitando o conto podemos buscar cousas que teñan forma de círculo, cadrado, triángulo... e facer xogos con eles. Unha vez que repasamos as figuras que traballamos o ano pasado fixemos unha ficha moi sinxela do libro (ficha figuras). O xoves traballamos as posicións diante-detrás, facendo xogos como preguntarlle que obxeto está diante, cal detrás, dándolle ordes coma "colocate detrás da mesa, diante da silla...", e despois fixemos a ficha do libro (ficha diante-detrás). Por último, o Venres presentamos o número 4. Para elo facemos exactamente o mesmo que facemos co resto de números como vos teño explicado (que collan 4 cousas, que miren que número vai antes e despois, si estou no 1 cantos saltos teño que dar para chegar o 4, facer repartos regulares e irregulares con catro cousas...), todos eses xogos que facemos na aula e que xa vos expliquei. Se non os entendedes ou non sabedes como plantealos falade conmigo sen ningún problema e explícovos mellor. Ademais nesta páxina http://www.penyagolosaeduca.com/ca/infantil-abn/ podedes atopar xogos interactivos moi interesantes que lle gustan moito e cos que traballamos na aula (subitización, sumas...). As fichas podedes atopalas aquí https://drive.google.com/drive/folders/10zCuCMAC_8gBXn5VnhdmlW-6mZ1cl_IC?usp=sharing. Como vos teño dito, para calquera dúbida podedes contactar conmigo a través do meu correo. Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario