"Un niño puede enseñar tres cosas a un adulto: a ponerse contento sin motivo, a estar siempre ocupado con algo y a saber exigir con todas sus fuerzas aquello que desea". Paulo Coelho.

viernes, 6 de noviembre de 2020

Traballo semana 2-6 Novembro

 

Boas familias!!! Déixovos o traballo que fixemos esta semana en clase por si os nenos e nenas que faltaron queren facelo na casa. Recordade o explicado nas explicacións de outras semanas sobre o que facemos na asemblea, as páxinas webs de xogos...

-        A primeira ficha, feita o Luns, consiste na discriminación dos números 1, 2, 3 e 4, que fixemos antes de presentar o número 5. Nela deberán rodear os números da cor que se lles indica e por detrás facer os números, primeiro repasando os puntiños e despois sen eles.

-        O Martes introducimos o número 5 tal e como vos teño explicado cos números anteriores, facendo xogos de conteo, contando para adiante e para atrás, descompoñendoo xogando na casiña do 5... Ademais contamos o conto de “Tomás o bromista” e fixemos un debuxo del.

-        O Mércores fixemos a ficha 10 do libro mate +, onde se nos presenta o número 5. Consiste en agrupar as pelotas en grupos de 5 e rodealas, repasar o número e despois pegar as pegatinas nos recadros sen repetir o reparto. É dicir, poden pegar facendo 4+1,3+2, 5+0, 0+5... pero sen repetir, polo ue teñen que pensar e ver as posibilidades que hai. Por detrás da ficha repasarán os cincos e rodearan o 5 na recta numérica.

-        O Xoves fixemos as fichas 11 e 12 do libro mate +. Na ficha 11, traballamos os conceptos grande, mediano e pequeno, para elo fixémolo primeiro na asemblea con diferentes exemplos. Na ficha puntearon con rotulador os zapatos e calcetíns pequenos, colorearon de azul os medianos e recortaron papeis coas tesoiras e pegáronos nos grandes. Na ficha 12 simplemente teñen que repartir as 4 pegatinas de galletas entre os dous nenos, do xeito que eles queiran, e despois escribir os números representando a suma.

-        O Venres fixemos unha ficha da letra u maiúscula e minúscula. Para elo primeiro traballamos a asemblea coa letra U como xa vos teño explicado, e despois deberán identificar as letras que están ben escritas e colocadas sobre a liña e rodealas, e tachar as que estean mal. Pola parte de atrás da ficha repasarán as U seguindo o trazo.

 d   As fichas podedes atopalas neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/1A3ofUPpWwT5GX06tuQO82yjrTgsZb-Df?usp=sharing

      Dado que algunhas familias me preguntaron polos xogos que lles teño na clase para que xoguen cos números, vou facer unha carpeta con todos os xogos que lles teño e a súa explicación. Xa vos aviso cando a teña lista.

Un saúdo e boa fin de semana!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario